map Librerías

Héctor Carré


Héctor Carré (A Coruña, 1960) é director de cine e escritor. Publicou as novelas «Diario do impostor» (Xerais, 2007) e «Hai que matalos a todos» (Xerais, 2015) e gañou o Premio Jules Verne coa novela «Febre» (Xerais, 2011), que tamén foi recoñecida como Mellor libro xuvenil do ano polos lectores/as de Fervenzas Literarias. Así mesmo, obtivo o Premio Internacional de Teatro para Autores Noveles Agustín González pola súa obra «Las palabras grandes». Iniciouse en Madrid en 1981 na arte cinematográfica, tras obter o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias (TAI). Deseguido, comezou a traballar como axudante de dirección cos mellores directores españois (entre os que destacan P. Olea, M. Camus, J. Chávarri) e internacionais (Terry Guilliam e Steven Spielberg). Tras escribir e dirixir curtametraxes, escribe e dirixe «Dáme lume» (1995), premio Goya ao Mellor director novel; «Dáme algo» (1998), Mellor director e mellor actor no Festival Internacional do Porto; e «A promesa» (2004), galardoada con diversos premios. Desde 2001 volve residir na Coruña onde tamén traballa en publicidade e como guionista para a Televisión de Galicia («Libro de familia» e «Matalobos») e para o cine, ademais de seguir dirixindo películas como «Personal Movie» (2011) ou as longametraxes documentais «Post Truth Times» (2017) e «Clown's Planet» (2021). O libro de relatos «Medos» (Xerais, 2021) é a súa obra máis recente na colección Narrativa.
Recibe novedades de Héctor Carré directamente en tu email
Del 1 al 9 de 9
FEBRE

XERAIS 9788499142975

Ver más ediciones

HAI QUE MATALOS A TODOS

Edicións Xerais 9788499148359

Ver más ediciones

HAY QUE MATARLOS A TODOS

LIBROS.COM 9788416881598

Ver más ediciones

FEBRE

Edicións Xerais 9788491211839

Ver más ediciones

DIARIO DO IMPOSTOR

Edicións Xerais 9788497825399


FEBRE (EBOOK)

XERAIS 9788499146812

Ver más ediciones

MEDOS (EBOOK)

XERAIS 9788491219163

Ver más ediciones

HAI QUE MATALOS A TODOS (EBOOK)

XERAIS 9788499148410

Ver más ediciones

MEDOS

Edicións Xerais 9788491219156


Del 1 al 9 de 9