Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora. Xiao caia co sono e pasou a noite no meu cuarto, na miña cama. Erguemonos as oito e media e saimos os dous en direccion ao campus. A cidade notabase distinta, triste. Despois, na cafetaria da facultade, soubemos que houbera tres mortos e corenta e seis feridos na discoteca Clangor da Rocha, na periferia de Compostela. Enton lembrei que a primeira vez que me escondera na cabana de madeira tiña oito anos e miña nai acababa de morrer. O narrador protagonista de Ventre de madeira acode ao arquivo da sua memoria e pon por escrito todas as responsabilidades e medos que o impregnan para crear unha novela refuxio, unha novela cabana que lle permita gorecerse da intemperie.

A auga en todas as súas dimensións, sexa en forma de bágoa, de mar ou de choiva, é o eixo condutor desde libro de poemas. Auga canalizada por un sentido musical e rítmico dos textos, que fai destas paxinas unha sorte de caderno de bitacora doido polo desamor. As ilustracions de Laiño non so acompañan, senon que complementan o volume redondeandoo e dandolle o seu propio sentido desde un punto de vista artistico.
Atréveste a pensar? Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, sabio e bondadoso da Grecia Clásica? Tes valor para correr aventuras, pasar medo e namorarte no santuario dos animais salvaxes con Alexandre Magno e Aristoteles? Deixas que Simone de Beauvoir che explique por que inventou o feminismo?Se contestas que si, abre O libro secreto da Filosofia e comeza a ler. Viaxa con Eila e Breixo, os dous rapaces protagonistas, a traves do tempo e doutras dimensions e vive aventuras onde coñeceras os filosofos e filosofas mais importantes da historia e poderas achegarte a orixe do coñecemento.