O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o medico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tisica e seguidor da teoria da realidade intelixente do doutor Novoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que vera restaurada a sua condicion de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. O lapis do carpinteiro e testemuño dunha traxedia curativa, unha metafora de todalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvifico do amor. Esta excepcional novela ficara no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.