GALLEGO
Irmán Rei Artur
¡Últimas unidades!
-5% de dto. exclusivo web
Recíbelo mañana jueves 5 de noviembre.
undefined
Recomendado
Serie Secreto de la bruja
Misterio, amistad y mucha magia te esperan en Secreto de bruja, la nueva serie de Patricia García-Rojo. Si tienes más de 9 años y te gusta la magia, ¡esta serie es para ti!
Ver másDescubre por qué Murdoku es el libro más viral
Sinopsis
Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.
A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflito: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.
Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traizón por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa dunha rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer vítima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.
Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construíra derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, "volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar".

Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483026069
Idioma: Gallego
Edad recomendada: 10 a 12 años
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/01/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número: 53
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 168.0 gr
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Carlos G. Reigosa directamente en tu email
Otras sagas o series que te pueden interesar
Reseñas sobre Irmán Rei Artur
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
Los libros más vendidos de Literatura 10 a 12 años