eBook GALLEGO EPUB con DRM

O moucho voa

Filosofía en 25 conversas

-5% de dto. exclusivo web

Léelo en cualquier dispositivo Descárgalo y empieza a leer ya







Sinopsis

"O moucho voa" é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía.
Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da filosofía política.
A filosofía ocúpase dos asuntos que nos preocupan a todas as persoas e proporciónanos instrumentos para pensar con maior rigor, para facer das nosas vidas unhas vidas plenas. Porque as grandes ideas filosóficas tamén
interesan ao común da xente. Porque calquera persoa, espontaneamente, ten preocupacións relacionadas coa filosofía.

En promoción hasta 80% de descuento por tiempo limitado

Ver más ofertas

Léelo en cualquier dispositivo


Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788411101622

Idioma: Gallego

Edad recomendada: 10 a 12 años

Número de páginas: 200

Fecha de lanzamiento: 08/09/2022

Año de edición: 2022

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - COÑECEMENTO - Seica

Especificaciones del producto

Escrito por Miguel Vázquez Freire

Miguel Vázquez Freire naceu en 1951, en Corcubión. Catedrático de Filosofía de ensino secundario, publicou numerosas obras no campo da literatura infantil e xuvenil, varias en colaboración con Xosé Tomás como ilustrador: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (2007); María é maior (2007), Contos de Reis e de Nadal (2007), Xurxiño quere ser... (2010), O souto escuro e perigoso (2011) e Fadita fosca (2013). Pola obra de teatro A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez, recibiu o Premio Xacobeo de Teatro de Monicreques 1994. A novela xuvenil Anxos en tempos de chuvia (1997) mereceu formar parte da Lista de Honra do IBBY. En Galaxia publicou o ensaio sobre filosofía e teatro Estética e teatro (2006). As súas obras máis recentes son: Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019), De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022) e O moucho voa. Filosofía en 28 conversas (2022).
Descubre más sobre Miguel Vázquez Freire

Recibe novedades de Miguel Vázquez Freire directamente en tu email

Reseñas sobre O moucho voa

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los eBooks más vendidos de la semana

Ver más

*Descuento de 15 euros en el eReader Vivlio Light Zen, válido para pedidos realizados en casadellibro.com del 13 de julio al 2 de agosto y solo para los 300 primeros compradores, hasta fin de existencias.